SON DO CALVAR
sexta-feira, 23 de novembro de 2012
segunda-feira, 12 de novembro de 2012
OLLOS DE AUGA
Boas amigos!
Véñovos presentar o libro de "Ollos de auga" o primeiro de unha serie de libros criminais. É un libro do escritor Domingo Villar, e é da editorial Galaxia.
O libro trata sobre o estrelar inspector Leo Caldas e o seu humorístico axudante Rafael Estévez e o cruelento caso que lles toca descifrar. Moitas críticas alaban o envolvente crime e trama do libro, que te fai pensar e disfrutar da lectura.
Está traducido ao castelán, inglés e ao alemán. Tamén está a pensarse nunha versión cinematográfica de Jorge Coira.
Se vos gustan os libros sobre crimes e policias cun bo toque de humor, este recoméndovolo de cheo!.
PRESENTÁMOSVOS DISCOVER!
Boas amigos!
3 anos despois, o noso gaiteiro máis internacional, Carlos Núñez, estrea neste mes de novembro o seu novo disco "Discover" despois da súa exitosa xira por norteamérica.
O vigués leva 16 anos co negocio da música e acadou un gran éxito convertíndose nun dos mellores gaiteiros do mundo dando a coñecer a Galicia polo mundo adiante, así que, dende o Son do Calvar, moitos parabéns polo éxito e sorte co novo disco!
quinta-feira, 18 de outubro de 2012
FALECE O FOTÓGRAFO ANGEL LLANOS
Angel LLanos, o veterano fotógrafo vigués, faleceu este 17 de outubro aos 97 anos, non sen antes deixarnos unha ampla colección de fotos de Vigo, as cales, a gran maioría, se recollen no banco de fotos máis destacado da devandita cidade, o Archivo Llanos. Invítovos a visitar este link (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/10/16/fallece-fotografo-angel-llanos/00031350402686648147887.htm) do xornal La Voz de Galicia ou ben visita este outro (http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/10/17/fallece-angel-llanos-historia-grafica-vigo/697534.html) do Faro de Vigo onde poderás recoller máis informacion, nun breve resume, sobre a vida e carreira deste fotógrafo.
quarta-feira, 26 de setembro de 2012
Boas amigos!
Hoxe vimos para vos mostrar un arte que non sae nin nos xornais nin nos telediarios, pero que no fondo, é unha arte e das máis compricadas e valoradas. Vouvos falar en especial de Yayo Daporta, un cociñeiro galego con unha Estrela Michelín e considerado o mellor cociñeiro galego. Formouse en Santiago, na escola de hostelería e Yayo ten o seu restaurante en Cambados dende hai uns anos. Aquí vos deixo a súa páxina web para, se vos interesa, votarlle unha ollada, e a contiruación agunhas fotos:
http://www.nove.biz/es/yayo-daporta
Hoxe vimos para vos mostrar un arte que non sae nin nos xornais nin nos telediarios, pero que no fondo, é unha arte e das máis compricadas e valoradas. Vouvos falar en especial de Yayo Daporta, un cociñeiro galego con unha Estrela Michelín e considerado o mellor cociñeiro galego. Formouse en Santiago, na escola de hostelería e Yayo ten o seu restaurante en Cambados dende hai uns anos. Aquí vos deixo a súa páxina web para, se vos interesa, votarlle unha ollada, e a contiruación agunhas fotos:
http://www.nove.biz/es/yayo-daporta
VOTA AOS TEUS GALEGOS FAVORITOS!
Aquí vos deixamos como volta das vacacións unha lista inmensa de galegos famosos. Podedes votar polo que vos queirades, e votádelle unha volta que de seguro que moitos non sabíades que eran galegos!
http://listas.20minutos.es/lista/gallegos-famosos-8343/
http://listas.20minutos.es/lista/gallegos-famosos-8343/
segunda-feira, 6 de agosto de 2012
E UN NOVO POEMA
E aquí tendes un poema de Xabier Díaz.
Laranxa, verde laranxa
canto tes que madurar
o pobo fica durmido
témolo que espertar.
canto tes que madurar
o pobo fica durmido
témolo que espertar.
Laranxa, verde laranxa
canto tes que madurar
o pobo que quere ser pobo
o seu puño ha de apretar.
canto tes que madurar
o pobo que quere ser pobo
o seu puño ha de apretar.
Xabier Díaz
Subscrever:
Comentários (Atom)








