Véñovos presentar o libro de "Ollos de auga" o primeiro de unha serie de libros criminais. É un libro do escritor Domingo Villar, e é da editorial Galaxia.
O libro trata sobre o estrelar inspector Leo Caldas e o seu humorístico axudante Rafael Estévez e o cruelento caso que lles toca descifrar. Moitas críticas alaban o envolvente crime e trama do libro, que te fai pensar e disfrutar da lectura.
Está traducido ao castelán, inglés e ao alemán. Tamén está a pensarse nunha versión cinematográfica de Jorge Coira.
Se vos gustan os libros sobre crimes e policias cun bo toque de humor, este recoméndovolo de cheo!.

Estupenda recomendación dun auténtico bes-tseller galego! Graciñas!!!
ResponderEliminarA que si?? Mercedes, telo que poñer de lectura que de seguro lle vai gustar a máis de un!
Eliminar