sexta-feira, 24 de fevereiro de 2012

ROSALÍA DE CASTRO TENDENCIA EN ESPAÑA NO TWITTER

Xústamente o día 24, día do noso homenaxe a Rosalía de Castro, ela  mesma foi tendencia en twitter de España. Aquí vos deixo unhas fotos para que vexades que non minto, e unha vez máis é recordada, e non só por nós, senón que tamén por España.
 Tamén hai que quitar algún que outro comentario que sobra por parte de algunha persoa que non comprende a Rosalía nin a súa poesía



UNHA MAÑÁ NA CORUÑA POLA RUTA ROSALIANA!

Hoxe, 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro, ofrecéusenos ao alumnado de 3º e 4º da E.S.O a oportunidade de facer una visita guiada pola Ruta Rosaliana. Comezamos ás 10: 30 coa visita á Real Academia Galega, recibidos polo secretario de dita institución, quen nos explicou as orixes da RAG e nos deu a coñecer (exceptuando os que xa coñecíamos, claro está...) as figuras máis relevantes na historia e evolución desta academia.
Tamén alí, na mesma sede da RAG, tivemos un encontro con Luz Pozo Garza, unha poeta moi inspirada por Rosalía de Castro, que compartiu connosco as súa experiencia coa obra de dita autora e nos mostrou algún que outro galardón:
Luz e Mercedes mostrando as medallas
Logo desta sorpresa que nos tiña preparada a nosa profesora de Lingua Galega, Mercedes Queixas (aínda que para os de 4º non foi tanta sorpresa porque non ficou tranquila ata que no lo dixo...aaai! impaciente, impaciente!!), comezamos por fin coa Ruta Rosaliana visitando o fermoso casco antigo da Coruña.
Nós, Sara e Adriana, a carón da tumba de John Moore

Escultura á Curros Enríquez


Na sede da RAG, vosa esquerda Estefanía, centro Sara e dereita Jenny.

Con Luz Pozo, esquerda Sara, ao lado Jenny, centro Luz e dereita Adriana.


segunda-feira, 20 de fevereiro de 2012

QUÉN DIXO QUE O NOSO CINE NON TRIUNFA?

Ola amigos!
Vimos con esta nova para presentarvos os gañadores galegos dos Goya 2012.
Quén dixo que o noso cine non triunfaba equivocouse pero ben. Onte pola noite o dous filmes galegos foron galardonados. 
'Arrugas' co premio de mellor guión adaptado. Este premio foi posible grazas ao traballo de Ángel de la Cruz, Ignacio Ferreras, Paco Roca e Rosanna Cecchini.
(http://www.rtve.es/alacarta/videos/goya-2012/mejor-guion-adaptado---premios-goya-2012/1326918/)








Non só recibiu ese premio, senon que tamén foi galardonado co premio a mellor largometraxe. 


Tamén recibiu un premio ao mellor cortometraxe o corto 'Birdboy', que tamén vai en camiño aos Oscars. Pedro Rivero (Bilbao, 1969) e Alberto Vázquez (A Coruña, 1980)
(http://www.rtve.es/alacarta/videos/goya-2012/mejor-cortometraje-animacion---premios-goya-2012/1326866/)


quinta-feira, 16 de fevereiro de 2012

O VERDE GALEGO ATA NA CHINA

Ola de novo!
Hoxe dámosvos unha nova de arquitectura galega.
Un xardín galego inspirado nos nosos castros celtas foi o resultado vencedor dun concurso internacional de ideas promovido pola cidade de Jinzhou, situado no noroeste da China e organizado pola Federación Internacional de Arquitectura Paisaxista (IFLA).
O xardín foi diseñado polo lalinense Martín Toimil e a súa obra será executado nos vindeiros meses xunto a outras 19 obras de distintos arquitectos de todo o mundo, e todas xuntas formarán un impresionante parque público de 176 hectáreas que será sede da gran exposición mundial de arte do paisaxe en 2013.
Ademáis do diseño inspirado nas formas dos castros, o xardín está cheo de contido con simboloxía e caligrafía celta o que permitirá o achegamento das nosas raíces celtas.
Agora China terá un anaquiño de nós.





quarta-feira, 15 de fevereiro de 2012

RAGDOG, UNHA NOVA SENSACIÓN

Ola blogueiros!!

Déixovos aquí un gurpo de pop de Vigo que acabo de descubrir, chámase Ragdog, e cantan en castelán, mais ainda así, son un grupo moi bo e espero que con futuro. Para a miña opinión, é de alagar que un grupo 

galego se estea dando a coñecer.
Gañaron o ano pasado uns cantos premios e entre eles o de Moviestar. 
Un dos seus éxitos son "Tu y yo" e "Nada más".
Déixovos aquí os respectivos vídeos e o enlace á súa páxina de YouTube:



MAXIA DE BARRO

Non podíamos facer un blog de arte galego e ignorar algo tan significativo desta zona como é a Olaría de Buño.
Con máis de 400 anos de historia esta arte galega segue hoxe en pé e é recoñecida por todo o mundo como unha artesanía de primeira calidade.
Os oleiros dan forma coas súas hábiles máns dende a pratos e xarróns ata figuras do máis decorativas e vangardistas. Velaquí unha mostra:

segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Adeus Whitney...

Dende este blog, querémoslle dar a despedida a Whitney Houston... Non era unha artista galega, pero sí era unha das mellores artistas da historia. Era coñecida pola súa canción "I will always love you",(http://www.youtube.com/watch?v=H9nPf7w7pDI) quizáis a máis coñecida.
A artista morreu o 11 de febreiro aos seus 48 anos. Atopárona na bañeira morta porque afogara, e nós dende aquí, querémoslle dar tamén a nosa despedida como xa lla dou tanta xente.
Adeus Whitney...

Os Heredeiros da Crus volven!!


O noso grupo de rock “Heredeiros da Crus” volve!
Os Heredeiros volverán cun concerto en Ordes o 3 de marzo tras separárense hai oito anos. Retornan coa campaña volven os máis jrandes. Os Heredeiros da Crus saen outra vez aos escenarios coa mesma proposta musical coa que nos deixaron: un directo "potente e brutal", letras descaradas e divertidas, guitarras poderosas, actituda provocadora e ás veces irreverente, o seu característico 'falar natural', coa 'jeada' e seseo que tan popular os fixo. "Volven os máis jrandes", proclamou o guitarrista Tucho.
Fran Velo, Javi Maneiro, Toñito de Poi e Tucho son os formantes desta exitosa banda, a formación clásica.
Toñito de Poi: " Tíñamos moitas ganas de volver, e aquí estamos. ¡Viva o rock!"








A MÚSICA NON ENTENDE DE LINGUAS

Boas! Nós, Adriana e Sara, creadoras deste blog, querémosvos dar a benvida a este portal no cal queremos facer un pequeno recuncho para a música e outras artes galegas.
Con este blog queremos transmitir que o inxenio e imaxinación, que é a base de toda arte, non entende de linguas.
Desexamos que vos guste e que comentedes para poder mellorar, debatir e expoñer opinións.
Saúdos, Adriana e Sara.