sexta-feira, 24 de fevereiro de 2012

UNHA MAÑÁ NA CORUÑA POLA RUTA ROSALIANA!

Hoxe, 24 de febreiro, día de Rosalía de Castro, ofrecéusenos ao alumnado de 3º e 4º da E.S.O a oportunidade de facer una visita guiada pola Ruta Rosaliana. Comezamos ás 10: 30 coa visita á Real Academia Galega, recibidos polo secretario de dita institución, quen nos explicou as orixes da RAG e nos deu a coñecer (exceptuando os que xa coñecíamos, claro está...) as figuras máis relevantes na historia e evolución desta academia.
Tamén alí, na mesma sede da RAG, tivemos un encontro con Luz Pozo Garza, unha poeta moi inspirada por Rosalía de Castro, que compartiu connosco as súa experiencia coa obra de dita autora e nos mostrou algún que outro galardón:
Luz e Mercedes mostrando as medallas
Logo desta sorpresa que nos tiña preparada a nosa profesora de Lingua Galega, Mercedes Queixas (aínda que para os de 4º non foi tanta sorpresa porque non ficou tranquila ata que no lo dixo...aaai! impaciente, impaciente!!), comezamos por fin coa Ruta Rosaliana visitando o fermoso casco antigo da Coruña.
Nós, Sara e Adriana, a carón da tumba de John Moore

Escultura á Curros Enríquez


Na sede da RAG, vosa esquerda Estefanía, centro Sara e dereita Jenny.

Con Luz Pozo, esquerda Sara, ao lado Jenny, centro Luz e dereita Adriana.


1 comentário:

  1. Pisástesme a primicia da reportaxe! Sodes unhas reporteiras moi vivarachas!!!
    Alégrame moito, moito o voso entusiasmo para con este traballo.
    Foi un día inesquecíbel para todas, seino!!!

    ResponderEliminar