sábado, 24 de março de 2012

A LINGUA DAS BOLBORETAS

Dado que este é un blog creado nun principio para o arte galego non podemos esquecer a experiencia das últimas clases de lingua galega na nosa aula, onde a profesora nos ofreceu un tempo lúdico e ao mesmo tempo didáctico coa proxeción da película "A lingua das bolboretas".
Estamos seguras de que nos encantou a todos, fixonos rir, fixonos pensar e tamén, como non?, houbo quen ata chorou!!
Una película codirixida por Manuel Rivas e inspirada no seu libro: ¿Que me queres amor?.
Nela vese reflexada a situación do cambio da República ao Réxime Franquista tendo como protagonista a un neno de 6 anos que teme comezar o colexio por medo a que o mestre lle zorrege. Pola contra, Don Gregorio, dito mestre, é un bo home que apoia que para aprenderlle a un neno non é preciso recurrir á violencia.
Convídovos a vela. Non vos defraudará.

sexta-feira, 23 de março de 2012

QUEREDES UN TWITTER EN GALEGO??

Na rede social Tuenti, enviáronme unha páxina que quizáis vos poida interesar ao twitteiros galegos.
http://www.tuenti.com/#m=Page&func=index&page_key=1_2379_62623318 
Esta páxina o que fai é pasarvos uns links para que vos unades a unha plataforma que reinvindica o dereito ao Twitter en galego.
Por se non tedes Tuenti para acceder á páxina, déixovos aquí os links para o Facebook e o Twitter:

Facebook:
www.facebook.com/pages/Twitter-en-galego/285056998187610 

Twitter:
twitter.com/#!/tweet_en_galego 


Animádevos e non sexades lacazáns!

quinta-feira, 22 de março de 2012

ACRÓSTICO. POR TANIA MOURELLE

Lonxe da terra que te aloumiñou,
Intentando ser alguén ante a dura mirada dos demais.
Berrando con todas as forzas,
Empuxando as barreiras máis alá.
Rompendo cos ideais básicos
Dando a vida para poder vivir realmente.
Antepoñendo as ganas de seguir contra todo
Doando os soños aos que queiran soñar.
Estoupar en liberdade e ilusións.

Tania Mourelle

** Se queredes que se vos publiquen poemas, textos e demáis neste blog, comentade, aquí, no tuenti, no twitter ou en persoa. esperámosvos!!

segunda-feira, 19 de março de 2012

FELIZ DIA A TODOS OS PAIS!

Que hai mellor que o cariño dun pai (ou nai)?? Pois recordarlle o tanto que o queremos non??
Feliz día a todos os pais!
E recordade, o mellor agasallo non é un reloxo ou outra cousa, o mellor é un agarimo, un bico, ou símplemente un "Quéroche ben papá!"

sexta-feira, 16 de março de 2012

PARA QUE DURMADES BEN

Tedes probemas para coller o sono?? non pasa nada! Tourilandia ten a solución!.
Nunca escoitastes a canción dos Celtas Cortos - Cuéntame un cuento?? Pois ben, un dos mellores trucos é ir para a cama cun conto ben lido. Aquí vos deixo o de Brancaneves e os sete ananiños.

ASÍ SOABA A NOSA INFANCIA

Me parece que todos viamos algunha vez o Xabarín Club non?? pois para quen lle gustaba e a quen lle guste, irei poñendo algún que outro video dos que poñían naquel gran programa.  Espero que vos guste!

CLICADE AQUÍ -> Astro da bóla

NON SE VOS FAN COÑECIDOS?

Déixovos un video sobre a homenaxe que se lle celebrou a nosa queridísima Rosaía de Castro no seu 125 aniversario. Non vos soa algunha das persoas que aparecen nel?? Déixovos adiviñar, e non se vale pedir papas eh!

CLASE DE KORUÑO!

Como ben sabedes, aprender idiomas sempre está ben, polo cal, aquí vos deixo unha clase de Koruño!
Recordade algunhas das normas básicas da xerga:
  • É preciso que en todas as oracións vaia incorpolada ao comezo, no medio ou no final o vocativo "buah, neno"  ou "chorbo", inclusive os dous.
  • En ocasións declinar oncorporando as raices os sufixos -el, -eko ou -o. Por exemplo: de risas -> de risel // gordo -> gordeko // movida -> movido.
  • Para enfatizar as accións podemos incorporar a expresión "flipas chorbo".
  • Ó reaizar unha acción que pode supoñer un divertimento, un risgo, ou algo descoñocido, incorpórase á frase "de risas"
  • Para recriminar algo ou a alguén, comézase coa proposición "con", a particula "aún" ou empleando o xerundio nos verbos. Por exemplo, se un compañeiro non acude as zonas de ocio do Orzán:
El Antón, con las salidas nocturnas / Aún bajas tú al Orzán / El Antón, salienfo los fines de semana.