Lonxe da terra que te aloumiñou,
Intentando ser alguén ante a dura mirada dos demais.
Berrando con todas as forzas,
Empuxando as barreiras máis alá.
Rompendo cos ideais básicos
Dando a vida para poder vivir realmente.
Antepoñendo as ganas de seguir contra todo
Doando os soños aos que queiran soñar.
Estoupar en liberdade e ilusións.
Tania Mourelle
** Se queredes que se vos publiquen poemas, textos e demáis neste blog, comentade, aquí, no tuenti, no twitter ou en persoa. esperámosvos!!
Parabéns a Tania! Está feita toda unha escritora! Claro que, en parte, é grazas ás clases de lingua e literatura... :-DDD
ResponderEliminarPor certo, pisástesme a idea "oculta" despois deste traballo de creación literaria que empezamos hoxe... Non sei se poderei perdoarvos...
uiii... eso de " Non sei se poderei perdoarvos..." espero que non se signifique un suspenso.... jajajajajaja
EliminarXa se verá! Un bico especial hoxe para Adriana!
EliminarMoitas grazas Mercedes :-) e que sí, temos unha mestra moi boiña e guapísima ;-)
ResponderEliminarClaro que podes perdoarnos Mercedes, a poesía non pode esperar xDD
Tania, nunca se sabe se te vas acabar dedicando a esto, pero se o fas, acórdate de quen che promocionou ehh ;D
EliminarSara.
Anda, Tania! De verdade que sabes deixar comentarios nun blog!!! Non o podo crer!!! Probaches a facelo na Lingua de Alcaián?????
ResponderEliminarSaíuche un poema perfecto, Tania! Xa cho dixen na aula, non si? Non esquezas nunca que fun a túa primeira lectora!!! Coa serie de adxectivos positivos, podes continuar cando queiras, mais a sorte da avaliación xa está botada, mociña!!!
mmmmm.... vaia Mercedes, sendo unha indirecta tan sutil tereina que ter en conta xD
EliminarEu nunca me esquezo das cousas (este dato e relativo) xD
Parabéms Tania jaja encantounos o acróstico,quedouche moi ben!
ResponderEliminarEstamos orgullosas de ti ;)) jaja moitos ánimos. Querémoste :P
Moitas grazas mozas, eu tamén vos quero moito xa o sabedes ;)
EliminarCada día estou máis convencida de que eres unha artista Tania. Menuda obra de arte xDDDD
ResponderEliminarEn canto a Mercedes moitas grazas polo apoio. Xa me deron as nenas o recado. Moitas grazas, biquiños.
(Adriana)
Vaites, grazas Adri pero non e para tanto jeje soamente digo o que penso calquera pode facer iso, só hai que deixar atrás todo o que os demais vaian pensar :)total opinions temos todos ou non e certo? ;)
Eliminar