sábado, 28 de abril de 2012

MENHIRES EN A CORUÑA


Menhires pola paz: Manolo Paz
Esta obra denomínase tamén "Familia de Menhires". É un grupo de doce pezas que representan ao pai, nai e fillos. Están colocados de forma estratéxica, cada un deles ten unha abertura pola cal dende uns podes ver a Torre de Hércules, a caída do sol e o mar. Según din algúns, os menhires simbolizan o destino e o rito da roda do tempo que vira eternamente. Esto vése moi ben dende a Torre onde podes ver que forman un círculo.


Esta obra está situada en A Coruña, no Campo das Ratas, e de seguro que non estivestes alí. Eu invítovos a que o vaiades a visitar que é gratis!


DECÍADES DA MÚSICA GALEGA??

Boas de novo!!
Déixovos aquí un vídeo para calar a aquelas bocas que din que a música galega non sae de aquí nin ten futuro.
Ben, este vídeo é de Berrogüetto, un grupo que todos debemos coñecer moi ben, xa que un dos seus compoñentes veu ao noso instituto e é un dos grupos galegos máis famosos.
Este vídeo está tomado en Cambridge, no "Folck Festival" 2003.
A ver se vos gusta!


CORRELINGUA 2012!

Ola amigos!
Como todos saberedes, cada ano celébrase o Correlingua, unha especie de manifestación a favor do galego, no cal podes participar en varias actividades, como por exemplo, o Galeoke e o Manifesto, aquí vos deixo o manifesto gañador deste ano:

O Correlingua celébrase en distintas datas en distincas comarcas, aquí vos deixo o enlace ao calendario:
http://www.correlingua.org/calendario.aspx?ApartId=2
En A Coruña celebraráse o 4 de Maio, ao cal o noso instituto Alcalde Xosé Pichel asistirá.

Plán:
  • Chégase as 10:30
  • A hora do remate será á 13:00
  • Comezará ás 11:00
  • Acto final ás 11:45

Sáese do Pavillón de Deportes de Riazor e iremos polo paseo marítimo cara a Torre de Hércules, onde actuarán o concurso do Galeoke e Iria Sobrado.


A este acto pódes acudir con camisetas feitas por vós, pancartas ou ben de mán ou para varios, bandeiras e todo o que se vos ocorra.

Nós no noso instituto, os de 4º e os de 3º estamos a facer pancartas e outros camisetas, aquívos deixo fotos deste ano e do ano pasado:



De esquerda a dereita: Tania (aprendicesdesafo.blogspot.com)  Adriana e eu (camiseta).

De esquerda a dereita: Gabry, Jorge, Carmen, Suso, Soraya e Alba (pancarta)

De esquerda a dereita: David e Felipe (camiseta).

Man da artista Tania dibuxando a camiseta.

Estas son do ano pasado!

Esta foto apareceu no xornal. ( De esquerda dereita: eu, Adriana, Jenny, Alba e Rai)


De esquerda a dereita: Alba, eu, Adriana e debaixo, Jenny (respectivas pancartas)


Algunhas das pancartas que se levaron.


domingo, 22 de abril de 2012

GAÑADORAS DO 3º PREMIO

Ola amigos! Traémosvos unha primicia! A Asociación Foclórica de San Lorenzo de Agualada, a cal, tanto Adriana coma min (Sara) pertencemos dende hai varios anos.
Hoxe, domingo 22 de Abril de 2012, gañámos o 3º premio da categoría C do concurso de Xiradela (celébrase en Arteixo).
As integrantes por orde de colocación de esquerda a dereita son: Sara Olmedo, Maria José Ramos, Laura Taboada, Verónica Couto, Alicia Reborido, Beatriz Rodríguez, Andrea Reborido, Andrea Pérez, Vanesa Torres e Adriana Velo. E o profesor, que sen el non teríamos este premio, Miro Regueira.
Aquí o vídeo e algunhas fotos:


Xusto no comezo da actuación

Co premio e o profesor
Premio




Integrantes do grupo
Adriana e Eu xa sen a metade do traxe

terça-feira, 17 de abril de 2012

UN NOVO POETA!

Déixovos un poema dun compañeiro noso, Álvaro Antelo. A ver se nos descubrides o tema do poema:

Cando a dor rapta á paixón,
cando unha alma se desangra,
Cando ela xa non se lembra do amor,
Cando o slinecio matou as palabras.
Non cres que chegou o momento de se levantar?
De secarte as vágoas das meixelas,
Borrón e conta nova,que xa non hai mais que falar
Pero sobre todo,nunca deixes que te volvan pisar.

FOLGA DE ESTUDANTES O 19 DE ABRIL

Ola amigos!
Hoxe vimosvos achegar algunhas novas sobre a folga do 19 de abril, xa que de seguro que non vos informaron ben. Principalmente trátase de unha folga para defender o dereito das clases en galego. Va que non sabiades que as clases en galego non chegan nin ao 20%?
http://www.amesanl.org/mocidade
Neste link podedes atopar toda a información sobre a folga. E un consello...: non tomedes a folga como un día para darvos un descanso ou unha escusa para quedar na casa... se facedes uso da folga será para defender un dereito... así que sede responsables inda que pareza unha tontería.

sábado, 14 de abril de 2012

GAÑADORES DE ESPAÑA!

Boas de novo!
Hoxe deixámosvos unha noticia que de seguro moitos de vos non sabíades.
En Maio do ano pasado celebrouse o concurso nacional Buero de Teatro Joven, no cal participaron 19 grupos galegos dos 300 que se presentaron en total.
Este certame gañárono tres veces consecutivas o Grupo de Teatro Tarumba da Universidade Laboral de Ourense, desta última vez coa representación de Don Juán estrenada en Madrid no teatro Valle-Inclán.

Pódese decir entón que o teatro galego continuará con esta boa xeración de actores que chega forte non??

Aquí deixo un enlace para quen se queira apuntar ou buscar información: http://www.fundacioncocacola.com/premiosbuero/comoparticipar/fases

O Grupo de Teatro Tarumba representando

terça-feira, 10 de abril de 2012

ARTE GALEGO EN "NEW YORK"


Boas! Preséntovos a un grupo de escultores galegos que espuxeron as súas obras dende o 14 ó 18 de decembro en Manhattan. Nada máis nin nada menos,13 escultores galegos levaron onsigo un anaquiño de Galicia ata o outro ado do océano, eles son: Marcos Escudero, Nacho Porto, Iria Rodríguez, Jontxu Argibay, José Caamaño, Rosa Méndez, Gonzalo Sarasquete, Verónica Péres, Suso Dobao, Cuqui Piñeiro, Teresa Añón, Manolo Teira e Eugenia Santos.
"Encontros" é o proxecto de María Goretti Bello, organizado por Manuel González Gómez, co fin de crear unha plataforma de lanzamento internacional.
Estas obras son elaboradas principalmente en pedra, bronce, vidro e cerámica, que reflexan a coe, a mitoloxía, a conexión entre a natureza, o cosmos e o espírito humano.








O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

Boas amigos!
Quérovos plantexar unha pregunta: gústanvos as historias de amor?
Se é un si, quérovos presentar "O único que queda é o amor". Este libro, en efecto, vai sobre o amor, pero non un amor só, senón que son varias historias de amor, entre as cales, ao mellor vos sentides identificados. 
O escritor deste gran libro chámase Agustín Fernandez Paz, que de seguro que moitos habedes de coñecer.
Cada historia do libro, comeza por unha frase ou texto, que para mín algunhas chegaronme moi ó fondo. Como dí Agustín na súa sinopse do libro, " hai unha trama de fíos invisibes que une as vidas dos persoaxes deste libro: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián..."
En cada historia habédesvos de atopar con algún debuxo, estes, coma as historias, tamén teñen un autor e unha historia persoal do debuxante, que de seguro vos chamará a atención.
Eu convídovos a lelo, xa que é un libro moi bo e sinxelo de leer.
Aquí vos deixo algún dato:
"O único que queda é o amor."
de Agustín Fernández Paz.
Editorial Xerais.
Ilustrado por Pablo Auladell.
Algúns dos idiomas disponibles: galego, castelán, catalán, euskera/vasco,



segunda-feira, 9 de abril de 2012

UN BLOG AMIGO!

Ola amigos! presentámosvos o blog da nosa compañeira a que publicamos algúns poemas.
Este blog está dedicado para todos os amantes da poesía. Espero que vos guste.
http://aprendicesdesafo.blogspot.com.es/

quarta-feira, 4 de abril de 2012

TRISTE NOTICIA NAS FRAGAS DO EUME

O pasado sábado 3 de abril recibíamos a triste noticia de que o refuxio natural das Fragas do Eume sufría un incendio no cal as lapas se extenderon ata arrasar con máis de 750 hectáreas de terreo.
O lume chegou a ameazar as casas da zona pero afortunadamente non podemos lamentar ninguna víctima.
Ao parecer foi un incendio provocado por algún pirómano desalmado e ignorante que non sabe apreciar o valor do patrimonio natural que supoñen estes paraxes, seguro que o pasou moi ben pero se lle plantaran lume na súa casa se cadra acordáballe o conto e ben que corría a por una mangueira, pero en fin, xa arderá él nos infernos.
Afortunadamente o famoso roteiro a carón do río que cada ano recibe centos de turistas non sufríu ningún dano.
Agora está nas máns de todos recuperar a beleza integral de este tesouro natural.

NOVO POEMA DE TANIA MOURELLE: XUSTIZA?

E velaquí o novo poema da prometedora poeta coristanquesa Tania Mourelle, quen atenta contra as inxustizas que nos rodean a diario escribindo estas conmovedoras liñas:

Inxusto é que o que sufre 
non atope consolo posíbel 
porque o poderoso cabaleiro 
esta por encima dos sentimentos. 


Inxusto é creer toda a vida 
nunha mentira. 


Inxusto é vivir polos demais 
vendo pasar a túa vida ao teu carón. 


Inxusto é que alguén 
che diga que non podes 
pero, máis inxusto e rematar por creelo.


A vida e inxusta porque 
as persoas nacemos egoístas, 
porque non hai desexo máis grande 
que verse de pé ante o adversario 
en vez de tenderlle a man se a precisa. 


E, ante tanta inxustiza o máis triste 
e que só a bela dama oscura 
nos mira cos mesmos ollos a todos 
á hora da verdade.