sábado, 28 de abril de 2012

MENHIRES EN A CORUÑA


Menhires pola paz: Manolo Paz
Esta obra denomínase tamén "Familia de Menhires". É un grupo de doce pezas que representan ao pai, nai e fillos. Están colocados de forma estratéxica, cada un deles ten unha abertura pola cal dende uns podes ver a Torre de Hércules, a caída do sol e o mar. Según din algúns, os menhires simbolizan o destino e o rito da roda do tempo que vira eternamente. Esto vése moi ben dende a Torre onde podes ver que forman un círculo.


Esta obra está situada en A Coruña, no Campo das Ratas, e de seguro que non estivestes alí. Eu invítovos a que o vaiades a visitar que é gratis!


Sem comentários:

Enviar um comentário