domingo, 6 de maio de 2012

FELIZ DÍA DA NAI!!

Hoxe, 6 de maio, celebramos que temos unha gran fortuna que o diñeiro non pode mercar, o amor incodicional dunha nai. Pois se lle temos que agradecer a alguen o feito de existir, é a unha nai, que non só nos leva no seu ventre durante meses, se non que tamén nos cuida e nos protexe despois de nacer, moitas veces antepoñendo as nosas necesidades por diante das súas, e qué mellor consolo que o abrazo caluroso dunha nai?
Esta entrada vai dedicada a todas esas nais que aínda nun día coma hoxe, o seu día, seguen traballando, mesmo na casa, polo benestar dos seus, por todas aquelas que estén ou non preto dos seus fillos e fillas os sintan ao seu carón.
Grazas por todo, sodes o mellor, un bico moi forte e FELIZ DIA DA NAI!


1 comentário:

  1. Como son nai, doume por felicitada por vós. Ademais, agradézovos como profe que redactásedes unha entrada tan ben pensada como esta (e con poucas faltas de ortografía ;-D.

    ResponderEliminar