quinta-feira, 31 de maio de 2012

O LEO I ARREMECÁGHONA

Aquí vos deixo o traballo do noso compañeiro Suso Regueira, que llo dedicou ao cantante O Leo i Arremecághona.
Irémos subindo agún traballo máis sobre grupos e cantantes galegos para que descubrades que en galego tamén se pode compoñer con máis cousas que coa pandeireta e a gaita e se poden cantar máis que ailalalas.


quarta-feira, 30 de maio de 2012

E DE NOVO O 3º PREMIO

E unha vez máis, gañamos o 3º premio.
Nesta nova edición do Xacarandaina celebrado no Ágora de A Coruña, quedamos de terceiras da categoría C, onde, segun varios entendidos no tema, estaría moi teñido entre uns 6-7 grupos.
Aquí vos dexamos algunhas fotos:





Recollendo o premio 


Coas nosas mestras favoritas que nos viñeron facer unha visita


Inquietas a espera do premio

Xa co premio

En plan Rafa Nadal

Si amigos! na Acoruña hai vacas!

premio

sexta-feira, 18 de maio de 2012

CONQUISTAMOS ATA AS ESTRELAS!

Sempre se soubo que hai galegos en calquera parte do mundo na que se che ocorra mirar, pero sabiades que tamén hai galegos a carón das estrelas máis brillantes??? Pois sí! A inolvidable e fantástica artista Marilyn Monroe compartiu o seu último romance con José Bolaños, un aspirante a director de cine galego con quen se topou nunha tenda na cidade de México!

Este descendente de galegos lucenses mantivo un romance coa estrela hollywoodense que pouco duraría, xa que Marilyn só tardaría 5 meses en falecer despois de coñecelo.
Esta é una pequena presentación da noticia, mais se queredes saber máis sobre o que aconteceu ao detalle  Xavier Navaza (tamén galego) ofrécevos a súa última novela titulada "El último amante de Marilyn" onde nos relata o acontecido neses meses basándose en información de testemuñas directas do romance (isto parece "Sálvame" =S)

quinta-feira, 17 de maio de 2012

MATALOBOS RECOÑECIDA EN TODA EUROPA


A exitosa serie da TVG “Matalobos” está en racha. Despois do éxito acadado no pasado sábado nos Premios Mestre Mateo, agora o roconocemento chega a Europa, con nada menos que o premio Circom á Mellor Ficción de Televisión. Trátase do maior galardón internacional que o mundo da televisión concede a un programa emitido na TVG na historia da canle.
Non soa ben?? :P
Éxito de audiencia e de crítica.
“Matalobos” é unha serie de éxito producida por Voz Audiovisual para a Televisión de Galicia, ambientada na loita entre cláns de narcotraficantes e a Garda Civil, e amplamente galardonada. Precisamente, este fin de seman, a serie obtiña catro distincións, entre elas, a de melor serie de ficción, por terceiro ano consecutivo nos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego. A serie conta tamén, entre outros, co Premio da Fundación Garda Civil.
 Aquí vos deixamos enlaces a súa páxina oficia: http://www.matalobosaserie.com/

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

Boas amigos!
Hoxe, 17 de maio, celébrase, en toda Galicia, a celebración do Día das Letras Galegas, esta festividade lévase a cabo dende o 1963, tendo como primeira homenaxeada a nosa queridísima Rosalía de Castro.
Todos os anos homenaxéase a un/unha escritor/a que escribira en galego e que levase como mínimo 10 anos falecido.
Esta é a listaxe dos homenaxeados dende a primeira edición:

  • 1963 Rosalía de Castro
  • 1964 Castelao
  • 1965 Eduardo Pondal
  • 1966 Francisco Añón
  • 1967 Manuel Curros Enríquez
  • 1968 Florentino López Cuevillas
  • 1969 Antonio Noriega Varela
  • 1970 Marcial Valladares Núñez
  • 1971 Gonzalo López Abente
  • 1972 Valentín Lamas Carvajal
  • 1973 Manuel Lago González
  • 1974 Xoán Vicente Viqueira Cortón
  • 1975 Xoán Manuel Pintos Villar
  • 1976 Ramón Cabanillas
  • 1977 Antón Villar Ponte
  • 1978 Antonio López Ferreiro
  • 1979 Maniul Antonio
  • 1980 Alfonso X el Sabio
  • 1981 Vicente Risco
  • 1982 Luis Amado Carballo
  • 1983 Manuel Leiras Pulpeiro
  • 1984 Armando Cotarelo Valledor
  • 1985 Antón Losada Diéguez
  • 1986 Aquilino Iglesia Alvariño
  • 1987 Francisca Herrera Garrido
  • 1988 Ramón Otero Pedrayo
  • 1989 Celso Emilio Ferreiro
  • 1990 Luís Pimentel
  • 1991 Álvaro Cunqueiro
  • 1992 Fermín Bouza Brey
  • 1993 Eduardo Blanco Amor
  • 1994 Luís Seoane
  • 1995 Rafael Dieste
  • 1996 Xesús Ignacio Ferro Couselo
  • 1997 Ánxel Fole
  • 1998 Xoán de Cangas, Martín Códax y Mendinho
  • 1999 Roberto Blanco Torres
  • 2000 Manuel Murguía y Antonio
  • 2001 Eladio Rodríguez
  • 2002 Fray Martín Sarmiento
  • 2003 Antón Avilés de Taramancos
  • 2004 Xaquín Lorenzo, Xocas
  • 2005 Lorenzo Varela
  • 2006 Manuel Lugrís Freire
  • 2007 María Mariño
  • 2008 Xosé María Álvarez Blázquez
  • 2009 Ramón Piñeiro López
  • 2010 Uxío Novoneyra
  • 2011 Lois Pereiro
  • 2012 Valentín Paz- Andrade
A este último dedícanselle este ano, xunto a homenaxe, biografías etc...


Aquí en Bergantiños, as Letras Galegas, celebráronse no concello, recitais de poesía, grupos folclóricos polo
centro da cidade e atraccións para os máis pequenos.


quarta-feira, 16 de maio de 2012

Que hai amigos!
Acó vos deixamos a obra de teatro que fixemos algúns alumnos de 4º da ESO do Alcalde Xosé Pichel.
Antes de nada, dámosvos o reparto:


Avoa...........................Fanny
Pai..............................Joni
Nai.............................Jenny
Filla choromiqueira.....Andrea
Filla empresaria..........Alba
Filla pedichona...........Adriana
Fillo macarra..............Alexis
Servinte borracha.......Tania




Esperamos que o disfrutedes!!

domingo, 13 de maio de 2012

VOU PEDIR RESPONSIBILIDADES

Aquí vos deixamos un artigo de opinión de Francisco Castro, o escritor que xa veu ao noso instituto por 2º vez, e autor de libros como Chámame Simbad e O segredo de Marco Polo que xa limos alumnos de 3º e 4º. Francisco tamén colabora agora no novo xornal galego Sermos Galiza, no cal publicou un artigo ben interesante e co que todos, ou a maioría coincidiremos.
http://www.sermosgaliza.com/opinion/francisco-castro/vou-pedir-responsabilidades/20120509230623001071.html

FOLKFUSIÓN NO NOVO DISCO DE BALAKANDRA



A banda que evoluciona do mítico Saraibas soa a orgullo galego, a folkfusión.
O froito dunha extensa trayectoria farase público a finais de maio. Este levará por título o nome do propio grupo, Balakandra.
Temas como “Ai-la-le-lo”, “Falsos con pedigree” ou “Soleando” formarán parte do seu novo álbum. Este último foi scollido para a gravación do seu último videoclip, rodado na propia localidade da mayoría dos componentes do grupo, San Sadurniño.
Amparo Calvo, Martín Sanjurjo, Abel Leonardo, Rubén Lamas, Manuel Dopico, Alejandro Rey e Farru Rodríguez farán oficial a publicación do disco o videiro 27 de maio no Auditorio de Narón.

sexta-feira, 11 de maio de 2012

VÍDEO DE "O UNICO QUE QUEDA É O AMOR" POR AGUSTÍN FERNANDEZ PAZ

Que hai de novo?
Aquí vos deixo un dos meus capítulos favoritos do maravilloso libro O único que queda é o amor.
Este capítulo estao a ler o autor, un dos mellores que temos na actualidade en Galicia.
Non vos enrredo máis, aquí o tendes e espero que vos guste!


MERCEDES QUEIXAS PREMIADA... PARABÉNS!

Despois de algo menos de unha semana, atopámonos coa gran noticia de que Mercedes Queixas Zas, a nosa profesora do colexio Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, foi premiada pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) na categoría de ensaio. A obra pola que foi premiada foi Vivir, unha aventura irrepetíbel: Biografía de Mª do Carme Kruckenberg.
Dende o Son do Calvar, parabéns Mercedes!



FOTOS DO CORRELINGUA!

Boas amigos! Aquí vos deixo fotos do Correlingua do pasado venres.


Sara e Adriana
Clase de 4ºA


Pancarta de 4º A
Pancarta de Jenny


Fanny
Adriana, Felipe e Sara

Sara e Tania

Adriana


Fanny e Tania
Fanny, Adriana e Tania
Fanny tocando, Adriana e Tania




Tania e Adriana
Tania e Adriana

Adriana, Fanny e a profesora Merced

Sara e adriana
Sara e Adriana


Alberto e Brais
Sara e Adriana


Sara

David e Álvaro
Tania


Galichó (Alberto) e Tania
Sara


Felipe e Tania
Felipe e a súa camiseta


Felipe, Álvaro e Daniel coa torre

Jenny e Sara

Felipe e Adriana
Aquí o Galichó



domingo, 6 de maio de 2012

FELIZ DÍA DA NAI!!

Hoxe, 6 de maio, celebramos que temos unha gran fortuna que o diñeiro non pode mercar, o amor incodicional dunha nai. Pois se lle temos que agradecer a alguen o feito de existir, é a unha nai, que non só nos leva no seu ventre durante meses, se non que tamén nos cuida e nos protexe despois de nacer, moitas veces antepoñendo as nosas necesidades por diante das súas, e qué mellor consolo que o abrazo caluroso dunha nai?
Esta entrada vai dedicada a todas esas nais que aínda nun día coma hoxe, o seu día, seguen traballando, mesmo na casa, polo benestar dos seus, por todas aquelas que estén ou non preto dos seus fillos e fillas os sintan ao seu carón.
Grazas por todo, sodes o mellor, un bico moi forte e FELIZ DIA DA NAI!