quarta-feira, 25 de julho de 2012

DÍA DA PATRIA GALEGA

Boas amigos, como xa sabedes, hoxe, a 25/7/2012, celébrase o día da patria galega, que cadra coa data do Santiago Apostol. Como xa é costume, grupos nacionalistas e independentistas recoreron as rúas de Santiago para celebrar este día, que dende que naceu, foi o máis masivo.
Nos dende aquí queremos dar os parabéns a todos os galegos e galegas do país e do mundo, e que se dea a coñecer o día xa que moi poucos de verdade saben que existe esta data.


quinta-feira, 12 de julho de 2012

NOVO POEMA

Boas blogueiros! Déixovos este novo poema que vai collido da man dun sentimento ao que, creo, que todos algún día nos enfrentamos, ou enfrentaremos.
Esperamos que vos guste!


Como doe ese momento
no que todo se acabou,
que só qeda o recrodo
como doe,cando todo se olvidou.

poida que non fomos;,
o que qixeras ti que fora en verdade,
poida que por eso nn seremos
o que pensamos ser en realidade.

como doe ese mometno,
en que se caducou a paixón,
porque o único que nos quedou
foi un corazon roto e cheo de rencor. 



Álvaro Antelo.



quarta-feira, 11 de julho de 2012

LUIS DAVILA

Boas amigos! presentámosvos a un novo amigo, Luis Davila. É un gran dibuxante de viñetas, e ten un blog:
http://obichero.blogspot.com.es/ Tamén pinta e ten cadros á venda, aquí un link tamén: http://luisdavila.artelista.com/
Aquí vos teño unhas viñetas interesantes.




quinta-feira, 5 de julho de 2012

DOMBATE XA VISIBLE



A empresa contratada pola Deputación rematou xa os seus traballos, polo que dende agora, os seus visitantes xa poden observar as réplicas das pinturas do Dolmen descubertos en 1988. No centro de interpretación de Borneiro (Cabana de Bergantiños) pódese ver unha recontrucción exacta do interior do monumento que toma a composición estructural, pinturas e grabados. Os orixinais están restrinxidos para que os elementos rupestres se deterioren polo paso das mies de persoas que pasan cada ano polo xacemento.

O CÓDICE ESTÁ DE VOLTA!

O famoso Códice Calixtino foi atopado dentro dunha caixa de cartón nun garaxe situado en Milladoiro, A Coruña. Xunto dita obra atopáronse dous libros máis dos que se baraxa a posibilidade de que a súa procedencia sexa tamén a Catedral de Santiago.
Afortunadamente o Códice atopábase envolto en varias bolsas de plástico e periódicos, de xeito que non sufriu ningún dano. Agora está custodiado pola Policía a espera de ser verificada a súa autenticidade.

FEIRA MEDIEVAL DE BETANZOS


Boas de novo blogueiros! desta vez vímosvos presentar a Feira Franca Medieval de Betanzos. De seguro que escoitastes falar dela ben veces.

Esta feira ambiéntase no século XV na cidade de Betanzos.
A zona antiga atéigase de mercaderes típicos da época, de artistas ambulantes e de representacións teatráis.
A xente que habita a zona adoita vestirse de época para axudar a ambientación e máis tarde axudar as representacións do Tributo das Doce Damiselas, a entrada á cidade do Señor de Andrade, e a bota dos leprosos.
Son máis de seis quilómetros de bandeiriñas e máis de 300 estandartes que percorrerán as rúas que se espera que estén ateigadas de curiosos de todas partes do país.
Aquí vos deixo o link do concello para que poidades ver a información máis ao voso gusto: Información da Feira Medieval de Betanzos

Nos asistiremos o venres. Verémosvos polo século XV?

DESTA VEZ, NA TORRE DE HÉRCULES!

Boas de novo blogueiros! Desta vez, tocounos a Torre de Hércules.
Como todos deberiades saber, é o único faro da antigüidade (época romana) que segue en actividade. O faro data do século I. Ten uns 50 metros de alto. 
A Torre esta irmandada coa Estatua da Liberdade de New York  e o 27 de xuño do 2009 declarárono Patrimonio da Humanidade, e este ano, co 3º aniversario organizáronse hinchables para os cativos, pinchos etc..
A entrada a Torre val 2'5, mais se eres menor de 14, 1'5. É unha boa alternativa para os que ainda non visitastes o que tedes por aquí convosco.
Este faro leva consigo varias lendas que poderedes ler neste linc (en castelán): http://www.turismoenxebre.com/2009/05/leyendas-de-la-torre-de-hercules-coruna.html

Deixámosvos algunha que outra foto das vistas para darvos envexa ;D
PD: como veredes, se ides, atade o pelo e agarrade ben as cousas que fai demasiado vento! e se pesades pouco, atade unha pedra para non marchar!




vistas

Rosa dos ventos dende a Torre

vistas

vistas
Co gran Breogán


restos da estructura romana