Boas de novo blogueiros! Desta vez, tocounos a Torre de Hércules.
Como todos deberiades saber, é o único faro da antigüidade (época romana) que segue en actividade. O faro data do século I. Ten uns 50 metros de alto.
A Torre esta irmandada coa Estatua da Liberdade de New York e o 27 de xuño do 2009 declarárono Patrimonio da Humanidade, e este ano, co 3º aniversario organizáronse hinchables para os cativos, pinchos etc..
A entrada a Torre val 2'5, mais se eres menor de 14, 1'5. É unha boa alternativa para os que ainda non visitastes o que tedes por aquí convosco.
Este faro leva consigo varias lendas que poderedes ler neste linc (en castelán):
http://www.turismoenxebre.com/2009/05/leyendas-de-la-torre-de-hercules-coruna.html
Deixámosvos algunha que outra foto das vistas para darvos envexa ;D
PD: como veredes, se ides, atade o pelo e agarrade ben as cousas que fai demasiado vento! e se pesades pouco, atade unha pedra para non marchar!
 |
| vistas |
 |
| Rosa dos ventos dende a Torre |
 |
| vistas |
 |
| vistas |
 |
| Co gran Breogán |
 |
| restos da estructura romana |
Sem comentários:
Enviar um comentário