sexta-feira, 23 de novembro de 2012

segunda-feira, 12 de novembro de 2012

OLLOS DE AUGA

Boas amigos! 
Véñovos presentar o libro de "Ollos de auga" o primeiro de unha serie de libros criminais. É un libro do escritor Domingo Villar, e é da editorial Galaxia. 
O libro trata sobre o estrelar inspector Leo Caldas e o seu humorístico axudante Rafael Estévez e o cruelento caso que lles toca descifrar. Moitas críticas alaban o envolvente crime e trama do libro, que te fai pensar e disfrutar da lectura. 
Está traducido ao castelán, inglés e ao alemán. Tamén está a pensarse nunha versión cinematográfica de Jorge Coira.
Se vos gustan os libros sobre crimes e policias cun bo toque de humor, este recoméndovolo de cheo!.




PRESENTÁMOSVOS DISCOVER!

Boas amigos! 
3 anos despois, o noso gaiteiro máis internacional, Carlos Núñez, estrea neste mes de novembro o seu novo disco "Discover" despois da súa exitosa xira por norteamérica.
O vigués leva 16 anos co negocio da música e acadou un gran éxito convertíndose nun dos mellores gaiteiros do mundo dando a coñecer a Galicia polo mundo adiante, así que, dende o Son do Calvar, moitos parabéns polo éxito e sorte co novo disco!