sexta-feira, 23 de novembro de 2012
segunda-feira, 12 de novembro de 2012
OLLOS DE AUGA
Boas amigos!
Véñovos presentar o libro de "Ollos de auga" o primeiro de unha serie de libros criminais. É un libro do escritor Domingo Villar, e é da editorial Galaxia.
O libro trata sobre o estrelar inspector Leo Caldas e o seu humorístico axudante Rafael Estévez e o cruelento caso que lles toca descifrar. Moitas críticas alaban o envolvente crime e trama do libro, que te fai pensar e disfrutar da lectura.
Está traducido ao castelán, inglés e ao alemán. Tamén está a pensarse nunha versión cinematográfica de Jorge Coira.
Se vos gustan os libros sobre crimes e policias cun bo toque de humor, este recoméndovolo de cheo!.
PRESENTÁMOSVOS DISCOVER!
Boas amigos!
3 anos despois, o noso gaiteiro máis internacional, Carlos Núñez, estrea neste mes de novembro o seu novo disco "Discover" despois da súa exitosa xira por norteamérica.
O vigués leva 16 anos co negocio da música e acadou un gran éxito convertíndose nun dos mellores gaiteiros do mundo dando a coñecer a Galicia polo mundo adiante, así que, dende o Son do Calvar, moitos parabéns polo éxito e sorte co novo disco!
quinta-feira, 18 de outubro de 2012
FALECE O FOTÓGRAFO ANGEL LLANOS
Angel LLanos, o veterano fotógrafo vigués, faleceu este 17 de outubro aos 97 anos, non sen antes deixarnos unha ampla colección de fotos de Vigo, as cales, a gran maioría, se recollen no banco de fotos máis destacado da devandita cidade, o Archivo Llanos. Invítovos a visitar este link (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2012/10/16/fallece-fotografo-angel-llanos/00031350402686648147887.htm) do xornal La Voz de Galicia ou ben visita este outro (http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/10/17/fallece-angel-llanos-historia-grafica-vigo/697534.html) do Faro de Vigo onde poderás recoller máis informacion, nun breve resume, sobre a vida e carreira deste fotógrafo.
quarta-feira, 26 de setembro de 2012
Boas amigos!
Hoxe vimos para vos mostrar un arte que non sae nin nos xornais nin nos telediarios, pero que no fondo, é unha arte e das máis compricadas e valoradas. Vouvos falar en especial de Yayo Daporta, un cociñeiro galego con unha Estrela Michelín e considerado o mellor cociñeiro galego. Formouse en Santiago, na escola de hostelería e Yayo ten o seu restaurante en Cambados dende hai uns anos. Aquí vos deixo a súa páxina web para, se vos interesa, votarlle unha ollada, e a contiruación agunhas fotos:
http://www.nove.biz/es/yayo-daporta
Hoxe vimos para vos mostrar un arte que non sae nin nos xornais nin nos telediarios, pero que no fondo, é unha arte e das máis compricadas e valoradas. Vouvos falar en especial de Yayo Daporta, un cociñeiro galego con unha Estrela Michelín e considerado o mellor cociñeiro galego. Formouse en Santiago, na escola de hostelería e Yayo ten o seu restaurante en Cambados dende hai uns anos. Aquí vos deixo a súa páxina web para, se vos interesa, votarlle unha ollada, e a contiruación agunhas fotos:
http://www.nove.biz/es/yayo-daporta
VOTA AOS TEUS GALEGOS FAVORITOS!
Aquí vos deixamos como volta das vacacións unha lista inmensa de galegos famosos. Podedes votar polo que vos queirades, e votádelle unha volta que de seguro que moitos non sabíades que eran galegos!
http://listas.20minutos.es/lista/gallegos-famosos-8343/
http://listas.20minutos.es/lista/gallegos-famosos-8343/
segunda-feira, 6 de agosto de 2012
E UN NOVO POEMA
E aquí tendes un poema de Xabier Díaz.
Laranxa, verde laranxa
canto tes que madurar
o pobo fica durmido
témolo que espertar.
canto tes que madurar
o pobo fica durmido
témolo que espertar.
Laranxa, verde laranxa
canto tes que madurar
o pobo que quere ser pobo
o seu puño ha de apretar.
canto tes que madurar
o pobo que quere ser pobo
o seu puño ha de apretar.
Xabier Díaz
quarta-feira, 25 de julho de 2012
DÍA DA PATRIA GALEGA
Boas amigos, como xa sabedes, hoxe, a 25/7/2012, celébrase o día da patria galega, que cadra coa data do Santiago Apostol. Como xa é costume, grupos nacionalistas e independentistas recoreron as rúas de Santiago para celebrar este día, que dende que naceu, foi o máis masivo.
Nos dende aquí queremos dar os parabéns a todos os galegos e galegas do país e do mundo, e que se dea a coñecer o día xa que moi poucos de verdade saben que existe esta data.
Nos dende aquí queremos dar os parabéns a todos os galegos e galegas do país e do mundo, e que se dea a coñecer o día xa que moi poucos de verdade saben que existe esta data.
quinta-feira, 12 de julho de 2012
NOVO POEMA
Boas blogueiros! Déixovos este novo poema que vai collido da man dun sentimento ao que, creo, que todos algún día nos enfrentamos, ou enfrentaremos.
Esperamos que vos guste!
Como doe ese momento
no que todo se acabou,
que só qeda o recrodo
como doe,cando todo se olvidou.
poida que non fomos;,
o que qixeras ti que fora en verdade,
poida que por eso nn seremos
o que pensamos ser en realidade.
como doe ese mometno,
en que se caducou a paixón,
porque o único que nos quedou
foi un corazon roto e cheo de rencor.
Álvaro Antelo.
Esperamos que vos guste!
Como doe ese momentono que todo se acabou,
que só qeda o recrodo
como doe,cando todo se olvidou.
poida que non fomos;,
o que qixeras ti que fora en verdade,
poida que por eso nn seremos
o que pensamos ser en realidade.
como doe ese mometno,
en que se caducou a paixón,
porque o único que nos quedou
foi un corazon roto e cheo de rencor.
quarta-feira, 11 de julho de 2012
LUIS DAVILA
Boas amigos! presentámosvos a un novo amigo, Luis Davila. É un gran dibuxante de viñetas, e ten un blog:
http://obichero.blogspot.com.es/ Tamén pinta e ten cadros á venda, aquí un link tamén: http://luisdavila.artelista.com/
Aquí vos teño unhas viñetas interesantes.
http://obichero.blogspot.com.es/ Tamén pinta e ten cadros á venda, aquí un link tamén: http://luisdavila.artelista.com/
Aquí vos teño unhas viñetas interesantes.
quinta-feira, 5 de julho de 2012
DOMBATE XA VISIBLE
A empresa contratada pola Deputación rematou xa os seus traballos, polo que dende agora, os seus visitantes xa poden observar as réplicas das pinturas do Dolmen descubertos en 1988. No centro de interpretación de Borneiro (Cabana de Bergantiños) pódese ver unha recontrucción exacta do interior do monumento que toma a composición estructural, pinturas e grabados. Os orixinais están restrinxidos para que os elementos rupestres se deterioren polo paso das mies de persoas que pasan cada ano polo xacemento.
O CÓDICE ESTÁ DE VOLTA!
O famoso Códice Calixtino foi atopado dentro dunha caixa de cartón nun garaxe situado en Milladoiro, A Coruña. Xunto dita obra atopáronse dous libros máis dos que se baraxa a posibilidade de que a súa procedencia sexa tamén a Catedral de Santiago.
Afortunadamente o Códice atopábase envolto en varias bolsas de plástico e periódicos, de xeito que non sufriu ningún dano. Agora está custodiado pola Policía a espera de ser verificada a súa autenticidade.
Afortunadamente o Códice atopábase envolto en varias bolsas de plástico e periódicos, de xeito que non sufriu ningún dano. Agora está custodiado pola Policía a espera de ser verificada a súa autenticidade.
FEIRA MEDIEVAL DE BETANZOS
Boas de novo blogueiros! desta vez vímosvos presentar a Feira Franca Medieval de Betanzos. De seguro que escoitastes falar dela ben veces.
Esta feira ambiéntase no século XV na cidade de Betanzos.
A zona antiga atéigase de mercaderes típicos da época, de artistas ambulantes e de representacións teatráis.
A xente que habita a zona adoita vestirse de época para axudar a ambientación e máis tarde axudar as representacións do Tributo das Doce Damiselas, a entrada á cidade do Señor de Andrade, e a bota dos leprosos.
Son máis de seis quilómetros de bandeiriñas e máis de 300 estandartes que percorrerán as rúas que se espera que estén ateigadas de curiosos de todas partes do país.
Aquí vos deixo o link do concello para que poidades ver a información máis ao voso gusto: Información da Feira Medieval de Betanzos
Nos asistiremos o venres. Verémosvos polo século XV?
DESTA VEZ, NA TORRE DE HÉRCULES!
Boas de novo blogueiros! Desta vez, tocounos a Torre de Hércules.
Como todos deberiades saber, é o único faro da antigüidade (época romana) que segue en actividade. O faro data do século I. Ten uns 50 metros de alto.
A Torre esta irmandada coa Estatua da Liberdade de New York e o 27 de xuño do 2009 declarárono Patrimonio da Humanidade, e este ano, co 3º aniversario organizáronse hinchables para os cativos, pinchos etc..
A entrada a Torre val 2'5, mais se eres menor de 14, 1'5. É unha boa alternativa para os que ainda non visitastes o que tedes por aquí convosco.
Este faro leva consigo varias lendas que poderedes ler neste linc (en castelán): http://www.turismoenxebre.com/2009/05/leyendas-de-la-torre-de-hercules-coruna.html
Deixámosvos algunha que outra foto das vistas para darvos envexa ;D
PD: como veredes, se ides, atade o pelo e agarrade ben as cousas que fai demasiado vento! e se pesades pouco, atade unha pedra para non marchar!
Deixámosvos algunha que outra foto das vistas para darvos envexa ;D
PD: como veredes, se ides, atade o pelo e agarrade ben as cousas que fai demasiado vento! e se pesades pouco, atade unha pedra para non marchar!
![]() |
| vistas |
![]() |
| Rosa dos ventos dende a Torre |
![]() |
| vistas |
![]() |
| vistas |
![]() |
| Co gran Breogán |
![]() |
| restos da estructura romana |
terça-feira, 26 de junho de 2012
DE NOVO NUNHA PARAXE EXTRAORDINARIA
Boas de novo! Hoxe presentámosvos a Fervenza do Ézaro, que de seguro que non sabiades que é o único río de Europa que desemboca en fervenza. Como non había estar aquí?
Aquó novas fotos:
Aquó novas fotos:
NUNHA TERRA ENFEITIZADA COMO GALICIA, NON PODERÍA FALTAR O FIN DO MUNDO.
Boas amig@s! Xa hai tempo que non subimos nada, e nestes meses de verán subiremos con menor regularidade xa que non hai tempo coa praia e viaxes.
Esta entrada vai dedicada ao Cabo Fisterra! Que como moitos sabedes, é o cabo máis achegado ás Américas e xa dende os romanos se optou por ese nome ( finis terrae) e nos, (Adriana e eu) fómosllo ensinar a unha amiga madrileña, a cal, adora a nosa terra.
Aquí vos deixamos algunha das fotos:
Esta entrada vai dedicada ao Cabo Fisterra! Que como moitos sabedes, é o cabo máis achegado ás Américas e xa dende os romanos se optou por ese nome ( finis terrae) e nos, (Adriana e eu) fómosllo ensinar a unha amiga madrileña, a cal, adora a nosa terra.
Aquí vos deixamos algunha das fotos:
![]() |
| No museo |
![]() |
| libro de firmas, entre elas xaponesas, chinesas, inglesas, alemanas etc |
![]() |
| de adriana |
![]() |
| de andrea |
![]() |
| A nosa amiga |
![]() |
| abaixo, no pobo de Fisterra |
Subscrever:
Comentários (Atom)




















































