segunda-feira, 13 de fevereiro de 2012

Os Heredeiros da Crus volven!!


O noso grupo de rock “Heredeiros da Crus” volve!
Os Heredeiros volverán cun concerto en Ordes o 3 de marzo tras separárense hai oito anos. Retornan coa campaña volven os máis jrandes. Os Heredeiros da Crus saen outra vez aos escenarios coa mesma proposta musical coa que nos deixaron: un directo "potente e brutal", letras descaradas e divertidas, guitarras poderosas, actituda provocadora e ás veces irreverente, o seu característico 'falar natural', coa 'jeada' e seseo que tan popular os fixo. "Volven os máis jrandes", proclamou o guitarrista Tucho.
Fran Velo, Javi Maneiro, Toñito de Poi e Tucho son os formantes desta exitosa banda, a formación clásica.
Toñito de Poi: " Tíñamos moitas ganas de volver, e aquí estamos. ¡Viva o rock!"








3 comentários:

  1. Respostas
    1. jajajaja mira que nos pareceu mal que non houbera a opción de poñerlo blog en galego.....

      Eliminar
    2. Pois confírmovos que se vai abrir unha iniciativa popular para demandalo. Estaremos moi atentas!!! No entanto, mentres tanto, facede coma min, ide experimentando co portugués que é unha lingua para nós moi doadiña!!! Non vola perdades!!!

      Eliminar