sábado, 24 de março de 2012

A LINGUA DAS BOLBORETAS

Dado que este é un blog creado nun principio para o arte galego non podemos esquecer a experiencia das últimas clases de lingua galega na nosa aula, onde a profesora nos ofreceu un tempo lúdico e ao mesmo tempo didáctico coa proxeción da película "A lingua das bolboretas".
Estamos seguras de que nos encantou a todos, fixonos rir, fixonos pensar e tamén, como non?, houbo quen ata chorou!!
Una película codirixida por Manuel Rivas e inspirada no seu libro: ¿Que me queres amor?.
Nela vese reflexada a situación do cambio da República ao Réxime Franquista tendo como protagonista a un neno de 6 anos que teme comezar o colexio por medo a que o mestre lle zorrege. Pola contra, Don Gregorio, dito mestre, é un bo home que apoia que para aprenderlle a un neno non é preciso recurrir á violencia.
Convídovos a vela. Non vos defraudará.

8 comentários:

  1. Ah! Pero o cine, entón, non é unha arte?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O_O....é verdade....(ti cala a boca que nadie se entera, esto corríxese e como se non pasase nada) xDDDDD
      A culpa é vosa, que poñedes moito exámenes e a un crúzanselle os cables. xDDDDD

      Eliminar
  2. Ola!!j'ai beaucoup aimé ce film... ah, perdón, aquí en galego,ja,ja,ja...pois esta peli encantoume. Non sei se sabedes que está rodada en Allariz, para mín, un dos pobos máis bonitos de Galicia e ademáis o pobo das miñas mellores amigas da universidade.É triste (e alegórico) a imaxe da pedra e o mestre. Non vos parece? Moitos bicos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Canto tempo sen vir por este blog! xD
      Creo que ningunha das dúas estivemos en Allariz, pero engadirémolo á nosa listaxe de lugares que visitar, aínda que si que parece un lugar fermoso =)

      Eliminar
  3. Bienvenue, collègue!
    Concordo con Begoña, plenamente! Allariz é todo un exemplo de lugar recuperado desde a tradición arquitectónica galega para unha contemporaneidade sustentábel. Envexo os e as alaricanas!!!
    A película xa perdín a conta dos visionados, mais canto máis a vexo máis me impacta. Eu tamén teño algún profe, e sobre todo, algunha profe, que me deixou marcada...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu se digo a verdade é que tamén. Profesores que che ensinan, por exemplo, cousas que non veñen nun libro.
      Sara.

      Eliminar
  4. Marcada en sentido figurado!!! Lembramos aquilo dos usos metafóricos, non é? Ou cómpre un repasiño???

    ResponderEliminar