quarta-feira, 4 de abril de 2012

NOVO POEMA DE TANIA MOURELLE: XUSTIZA?

E velaquí o novo poema da prometedora poeta coristanquesa Tania Mourelle, quen atenta contra as inxustizas que nos rodean a diario escribindo estas conmovedoras liñas:

Inxusto é que o que sufre 
non atope consolo posíbel 
porque o poderoso cabaleiro 
esta por encima dos sentimentos. 


Inxusto é creer toda a vida 
nunha mentira. 


Inxusto é vivir polos demais 
vendo pasar a túa vida ao teu carón. 


Inxusto é que alguén 
che diga que non podes 
pero, máis inxusto e rematar por creelo.


A vida e inxusta porque 
as persoas nacemos egoístas, 
porque non hai desexo máis grande 
que verse de pé ante o adversario 
en vez de tenderlle a man se a precisa. 


E, ante tanta inxustiza o máis triste 
e que só a bela dama oscura 
nos mira cos mesmos ollos a todos 
á hora da verdade. 

10 comentários:

  1. Respostas
    1. Moitas graciñas Brais :) mais se o intentamos todos somos capaces ;) apertas.

      Eliminar
  2. Tania.... xa tes traballo para o futuro xD
    unha nova Rosalía ;)
    Sara.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. xDD a comparación e un tanto esaxerada Sara xDDD pero moitas grazas :)

      Eliminar
    2. jajajajajajajajaja
      aiii nunca se sabe ehh ;)
      Sara.

      Eliminar
  3. Tou con Brais...Tania Mandaa! :)

    ResponderEliminar
  4. Que bonito taniaaaaaa!!! é preciosoooo!!! :)) bicosss

    ResponderEliminar