terça-feira, 10 de abril de 2012

O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR

Boas amigos!
Quérovos plantexar unha pregunta: gústanvos as historias de amor?
Se é un si, quérovos presentar "O único que queda é o amor". Este libro, en efecto, vai sobre o amor, pero non un amor só, senón que son varias historias de amor, entre as cales, ao mellor vos sentides identificados. 
O escritor deste gran libro chámase Agustín Fernandez Paz, que de seguro que moitos habedes de coñecer.
Cada historia do libro, comeza por unha frase ou texto, que para mín algunhas chegaronme moi ó fondo. Como dí Agustín na súa sinopse do libro, " hai unha trama de fíos invisibes que une as vidas dos persoaxes deste libro: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián..."
En cada historia habédesvos de atopar con algún debuxo, estes, coma as historias, tamén teñen un autor e unha historia persoal do debuxante, que de seguro vos chamará a atención.
Eu convídovos a lelo, xa que é un libro moi bo e sinxelo de leer.
Aquí vos deixo algún dato:
"O único que queda é o amor."
de Agustín Fernández Paz.
Editorial Xerais.
Ilustrado por Pablo Auladell.
Algúns dos idiomas disponibles: galego, castelán, catalán, euskera/vasco,



2 comentários:

  1. Magnífica e atinadísima recomendación! Gocei un mundo con esta lectura. É excepcional, como todo o que escribe Agustín Fernández Paz. Parabéns pola iniciativa! E facédelle caso a estas mozas que saben de que falan e escriben...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Gracias Mercedes. A verdade é que este xunto con outros libros, é un dos meus favoritos, e un dos que máis recomendo.
      Sara.

      Eliminar